As relacións entre a arte e as industrias culturais centran un foro do Consello da Cultura

O encontro traerá a especialistas como Sete Guilbaut, da University of British Columbia de Vancouver

8/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Nas últimas dúas décadas xurdiron en Galicia máis de vinte espazos relacionados coa arte, naceu a Facultade de Belas Artes e os profesionais galegos comezaron a despuntar. Este feito contribuiu a normalizar esta disciplina no noso país e sobre este contexto falarase no foro de debate “Creación artística e identidades culturais” (18-19 de setembro). É o cuarto dos seis encontros creados con motivo das vodas de prata do Consello da Cultura e está coordinado por María Luisa Sobrino. Neste encontro, artistas, críticos, comisarios, xornalistas e directores de museos debatirán sobre tres espazos de reflexión: musealización, industria cultural e espectáculo; o traballo de artistas e as institucións e, a arte e a cultura nos medios de comunicación.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Espectáculo, Museos, Belas Artes...