Un encontro analiza o enfoque cultural da política nos últimos vinte e cinco anos

O foro pecha os encontros cos que o Consello da Cultura celebrou as vodas de prata

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

No último cuarto de século comezaron a abordarse a filosofía e as ciencias políticas desde o punto de vista cultural. Sobre esta nova forma de ollar falarán filósofos, historiadores e politólogos no encontro Cultura e política que comeza hoxe no Consello da Cultura Galega. Con este péchanse os foros organizados polo Consello da Cultura para celebrar os seus vinte e cinco anos de existencia. Na sesión de hoxe, a catedrática de filosofía moral Amelia Valcárcel falará de “Xénero, política e cultura”; mentres que Natividad Gutiérrez e Rafael del Águila reflexionarán sobre os conflitos étnicos, as identidades culturais e a integración política.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Xénero, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos