Victoria Camps participará no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

A vindeira sesión celébrase no Consello da Cultura o vindeiro 20 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Catedrática emérita de Filosofía moral e política da Universidade Autónoma de Barcelona, Victoria Camps é a vindeira convidada ao ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s). A nova sesión da actividade que organiza o Consello da Cultura celebrarase o xoves 20 de xuño a partir das 17 horas. A pensadora reflexionará sobre O lugar das emocións na política e debaterá cos presentes seguindo o formato habitual deste ciclo. A inscrición para a actividade está aberta no web do Consello e é de balde.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Universidade Autónoma de Barcelona, Consello da Cultura Galega