O Consello da Cultura retoma o ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

Bartolomé Clavero inicia a nova xeira o vindeiro 9 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O vindeiro 9 de febreiro o Consello da Cultura Galega inicia unha nova xeira do ciclo de pensamento O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s). Desta volta será Bartolomé Clavero, catedrático de Historia do Dereito e as Institucións da Universidade de Sevilla, o protagonista da sesión cunha intervención titulada ¿Cómo es que no hay un derecho humano a tu cultura propia?. O prazo de inscrición está aberto e o relatorio de Clavero está dispoñible en pdf no web do Consello da Cultura. A sesión desenvolverase na biblioteca da institución a partir das 17:30 horas.

O ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) iniciouse en 2007 por parte do Consello da Cultura coa intención de ser un foro no que se desenvolvese o diálogo entre pensadores destacados a nivel internacional e os asistentes.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Universidade de Sevilla