Anthony Pagden abre a nova xeira do cilco O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

O Consello da Cultura Galega acolle un encontro co pensador o vindeiro 4 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

De la monarquía católica a la república virtuosa. El imaginario político en
la creación del mundo iberoamericano
é o título da intervención que realizará Anthony Pagden o vindeiro 4 de outubro no Consello da Cultura Galega. O profesor de Ciencias Políticas e Historia na University of California-Los Ángeles abrirá, ás 17 horas, a nova xeira do ciclo i>O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), co que a entidade achega ao noso país pensadores de renome internacional para analizar, desde diferentes perspectivas as problemáticas da actualidade.

Para alén de conferencias, os encontros teñen unha importante dose de debate, que permite a posta en común de coñecementos e o intercambio de experiencias. Un volume de máis de 700 páxinas recolleu xa as intervencións dos primeiros catro anos do ciclo.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, República, California

Claves

Conceptos
Lugares