O Consello da Cultura analizará os vencellos entre creación e identidade cultural

O foro de debate celebrarase entre o 18 e o 19 de setembro

2/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A relación da creación artística cos medios de comunicación, os museos, as institucións e, en xeral coas diferentes identidades culturais. Este é o eixo do foro de debate Creación artística e identidades culturais que se celebra os vindeiros 18 e 19 de setembro na sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela. O evento contará coa presenza de creadores coma Carme Nogueira, Chiu Longina, críticos e responsables de centros coma Ángela Molina ou Gloria Picazo e con comunicadores coma Camilo Franco ou Antón Lopo entre moitos outros. A inscrición pode facerse no web do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Carme Nogueira, Antón Lopo, Medios de comunicación...