Comezou sendo unha revisión do traballo de Santiago Sierra, pero acabou por converterse nunha mostra nova, nunha produción feita especificamente para o MARCO. Santiago Sierra é un dos artistas máis solicitados do momento por iso a Instalación de 54 tetrápodos de cemento para dique que abre as súas portas este venres é unha das grandes exposicións desta temporada. Unha mostra que comeza antes, coa montaxe que se desenvolve ata o venres e que está aberta ao público para que observe como os traballadores instalan os 54 tetrápodos de cemento; e que non remata co peche da exposición, xa que Sierra ten previsto fotografar todos os decomisos que efectúen os axentes da ComisarÃa de Vigo da PolicÃa Nacional durante un ano. Unha intervención que continúa na súa tónica xeral de cuestionar as relacións de poder establecidas, tanto no ámbito artÃstico coma no social. Esta exposición marca un punto de inflexión no MARCO que abre unha liña de exposicións individuais.