O folc convértese no protagonista en Vigo, Gondomar e Sarria

A canción do verán

A canción deste verán ten ritmos folcs. E así se demostra na multitude de concertos e festivais que se sucenden en numerosos puntos de Galicia. O máis cercano no tempo é o de Gondomar que hoxe inicia o seu "Gondomarfolc 2001" da man da Ardentía. E logo o de Vigo, que ten un aire máis folclórico e que trae a grupos de Ecuador, Bielorrusia e Cataluña. E para rematar imos a Sarria que presenta un programa musical con moito folc e rock.

Gondomarfolk


Esta noitei as dez e media a Praza da Alameda de Gondomar presentará o folc galego de vangarda, é dicir, Ardentía.E deste xeito inician o "Gondomarfolc 2001" que promete levar á vila pontevedresa un total de catro concertos. Ininterrumpidamente desde 1993, Gondomar leva celebrando este festexo que pretende converterse nun festival sólido en Galicia.
E Ardentía dará paso á "Camerata Meiga·, o grupo ourensán que pretende unha renovación estilística dentro do panorama da música galega. E destes novos ventos pasarase a dúas formacións asturianas.












De Cádiz a Bielorrusia en Vigo



E Vigo acolle desde hoxe a séptima edición do festival folclórico, que trae múltiples actuacións e exhibicións. E a principal atracción está na exhibición de castellers que ofrecerá o grupo Miñóns de Tarrasa hoxe ás nove na Porta do Sol.
E o programa complétase coa presencia do gurpo de danza Adolfo de Castro, de Cádiz e a agrupación Belya Russ, de Biolorrusia. Un grupo que leva anos traballando na recuperación de bailes de provincias tradicionais. As actuacións terán lugar esta noite co Centor Cultural de Ciaxanova, e están acompañadas por formacións galegas, e que irán de ruta por diferentes localidades galegas.




E para Sarria no camiño


E dentro da programación sociocultural pra estes días, o concello de Sarria continúa coa súa aporta polo musica e para os mais novos. E por todo iso, prepara unha nova cita nun festival folc e roc que terá lugar do 21 ó 25 de xullo. O día 21 actuará "Druadan", música celta, o 22 o turno para o poc-rock de Sarriactual e o 23 ogrup Quinta Feira. A cita terá lugar a partires das dez da noite, e tamén actuará o grupo Brath que aproveitará para presentar o seu último traballo Sendeira.