Cultura presenta a programación de concertos de verán agrupada en dous ciclos

Está cofinanciada cos concellos, que seleccionan aos grupos contratados

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

En pleno “Ano da música”, a consellaría de Cultura presentou hoxe as habituais programacións de concertos que amenizarán as prazas galegas este verán. Baixo o nome de “Camiños de Cultura” e de “Galicia é Música” sucederanse 627 concertos nuns 200 concellos (aínda que tamén hai oco para o teatro, danza, maxia e novo circo). O 97% dos grupos programados son galegos e inclúen a case todos os xéneros musicais. Este programa está cofinanciado pola administración autonómica (a consellaría de Cultura a través de Agadic e o Xacobeo) máis a local. De feito, son os propios concellos os que seleccionan aos grupos que compoñen a programación.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Xacobeo, Axencia Galega das Industrias Culturais