A polo Ghit perde o apoio da Radio Galega

A emisora lanza o seu propio concurso para atopar a canción do verán

13/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Vieiros presentaba onte a edición 2010 do certema A polo Ghit, o xa clásico certame co que se busca a canción do verán galega e que está aberto á participación de todos os grupos interesados. Nesta quinta edición, no entanto, dáse a novidade de que é a primeira vez que o proxecto non conta co apoio da Radio Galega, que ata o de agora participaba no mesmo e programa os temas a concurso. No entanto, a emisora pública anunciaba hoxe a posta en marcha do seu propio certame para buscar a canción do verán. Co nome de Vasacarnota o concurto artellarase arredor do programa Somos quen, que se emite nas mañás dos sábados. A emisora fará públicas proximamente as bases.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, Vieiros, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)