O certame Vas sacar nota? continúa a busca da canción galega do verán

O web do concurso promovido pola Radio Galega amosa medio cento de temas

8/8/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Arredor de medio cento de temas compiten para ser a canción galega do verán coa votación do público e mediante Internet e teléfono. O concurso Vas sacar nota?, da Radio Galega continúa así a proposta que iniciar no seu día esta mesma emisora con Vieiros no desaparecido A polo ghit!. Os temas poden escoitarse no web do certame, e deles sairá un premio do público, outro do xurado e aínda outro das votacións telefónicas, entre eles propostas de coñecidas bandas do país. Os días 27 e 28 de agosto celebrarase na Veiga, Ourense o concerto de clasura desta edición e mais unha edición especial do programa Somos Quen.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, Internet, Vieiros, Ourense...