A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede

A polo 2º Ghit

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O portal Vieiros e a Radio Galega buscan un ano máis a canción galega do verán cunha nova edición de A Polo Ghit. O concurso xa está en marcha despois da boa experiencia do ano pasado cando 38 cancións participaron na primeira edición das que o xurado escolleu como gañadora "In the Ocean", de Pulpiño Viascón. O prazo para enviar as cancións estará aberto ata o 21 de xuño e, como na primeira edición, as pezas que se envíen serán emitidas no programa Extrarradio así como noutros programas da Radio e Televisión de Galicia. Un novo xurado reunirase para decidir a canción gañadora o 11 de agosto. Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Radio Galega, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)