A Fundación Seoane achégase ao universo temporal de Andei Tarkovski

Unha exposición achega as fotografías tomadas polo cineasta na rodaxe de Nostalxia

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculoExposicións
Compartir:
A Fundación Seoane achégase ao universo temporal de Andei Tarkovski

É un dos cineastas máis destacados da historia do cine. Andrei Tarkovski (1932-1986) pasou á historia pola súa peculiar forma de transmitir en imaxes o paso do tempo e Solaris foi a súa película máis coñecida. A Fundación Seoane achégase á súa figura a través de Luz instantánea, un proxecto que inclúe unha exposición, un espazo sonoro, un ciclo de documentais e unha instalación audiovisual. O eixe central dese achegamento á súa figura, está composto por 80 fotografías polaroid tomadas polo cineasta mentres rodaba Nostalxia, a súa primeira película no estranxeiro.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Fundación Seoane, Documentais

Claves

Entidades
Conceptos