O Centro Dramático Galego aposta pola innovación no seu programa de coproducións

Cristina Domínguez apunta a necesidade dun relevo xeracional na escena galega

15/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Son proxectos arriscados, contemporáneos, que amosan innovación e que mesturan diferentes disciplinas escénicas (vídeo, danza, circo...). Son as marcas de identidade de todos os espectáculos que compoñen o programa de coproducións desta temporada do Centro Dramático Galego. Cristina Domínguez, directora do CDG, apuntou que “son montaxes que doutro xeito non se farían en Galicia” ademais de engadir que “precisamos dun relevo xeracional”. Domínguez fixo estas declaracións no acto de presentación de Eco, a primeira das coproducións que se verán en Galicia e que se estrea este venres (21:00 horas) no Salón Teatro de Santiago.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Cristina Domínguez, Escena Galega, Teatro...