A Coruña vencella literatura e espazo na campaña A cidade que le

A iniciativa inclúe propostas escénicas, cine e distribución de volumes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A cidade que le é o nome da campaña de animación á lectura que presentaba onte o Concello da Coruña. A proposta pretende aproveitar o vencello de diferentes obras literarias con lugares concretos para animar a se introducir nas letras. Deste xeito, no Fórum Metropolitano da cidade propóñense obras coma a A esmorga co Ourense de Blanco Amor, os Contos da Coruña de Xurxo Souto ou o Dublín das obras de Joyce. A iniciativa contempla a celebración de obradoiros de banda deseñada, maxia, contacontos e mesmo proxeccións de cine. Dentro da campaña tamén se distriburán exemplares por parques da cidade coma os Xardíns de Méndez Nuñez.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Contos, Literatura, Xurxo Souto...