Unha curtametraxe continúa a historia de A esmorga de Eduardo Blanco Amor

Estreouse no Forum Metropolitano da Coruña, dentro do ciclo Luns de Estreas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Aínda que non é doado, resulta frecuente facer adaptacións de textos literarios. O que non o é tanto é o que fixeron un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña que decidiron botar un punto e seguido e continuar coa trama dunha novela. Trátase de Herdanzas a curtametraxe que retoma o fatal destino de Cibrán, bocas e Milhomes, os tres protagonistas da novela A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. O resultado final estreouse onte no Forum Metropolitano, dentro do ciclo Luns de Estreas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esmorga, Eduardo Blanco Amor, Escola de Imaxe e Son