As instalacións culturais póñense a punto na Semana Santa

Anúncianse rutas guiadas e abren novos centros sobre o noso patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Está visto que as diferentes administracións teñen un especial interese en promover destinos culturais para os festivos desta Semana Santa. Por exemplo, a Deputación da Coruña anuncia visitas guiadas a dous dos monumentos máis destacados da provincia, o Dolmen de Dombate e o Mosteiro de Caaveiro. Pola súa banda, esta mesma institución e mais o Concello de Ferrol presentaban onte o novo Centro de Intepretación do Prioriño, que pón en valor as baterías militares e a paisaxe desta zona costeira. Tamén na Guarda aproveitaron estas datas para abrir o seu Museo do Mar na recreación da Atalaia, parte dunha fortaleza do século XVII recuperada hai anos mediante unha escola taller.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Semana Santa, Atalaia, Paisaxe, Deputación da Coruña...

Claves

Lugares