A Deputación da Coruña e mais o Concello de Porto do Son asinaron onte dous convenios de colaboración polos que farán novos investimentos o Castro de Baroña. Por unha banda, a Deputación achegará 20.000 euros, dun total de máis de 28.000, para a dinamización do Centro de Intepretación deste monumento. Os fondos destinaranse a visitas guiadas, exposicións, conferencias ou xornadas arredor do mundo castrexo e do patrimonio da zona. Ademais, outros 59.236 euros financiarán traballos de conservación das estruturas do castro, incluÃndo "o lavado e marcado de toda a zona, o rexistro arqueolóxico e a toma de mostras, o levantamento topográfico e o acondicionamento de pasos". Destes, a deputación achega 30.000 euros.