Unhas dez casas do barrio central de Castromao, en Celanova, serán replicadas para desenvolver funcións de hostelarÃa. Esta é a proposta que o Concello de Celanova quere achegarlle á Xunta para facer parte do seu programa Un paseo pola historia de Galicia. Segundo explica o técnico de Cultura local, Antonio Piñeiro, a proposta prevé "reproducir dez ou doce vivendas do barrio central de Castromao, que é o que está mellor estudado, na área recreativa do Monte da Cruz". Alén de servir como albergue, esta recreación no novo emprazamento quere servir de base para un programa de turismo activo, e permitir que os visitantes poidan coñecer polo miúdo o aspecto orixinal do poboado.