Turismo reconstruirá un barrio do castro de Castromao

O investimento será de 210.000 euros en dúas anualidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As obras para a reconstrución dun sector do castro de Castromao comezarán en breve, segundo La Región. Así o asegurou onte o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, tras unha xuntanza cos veciños. Tratarse de recrear a través de sete edificios o coñecido como "barrio da tabula", un importante sector do sitio arqueolóxico no que foron localizados edificios e estruturas singulares, como a célebre Tabula dos Coelerni. O conxunto ocupará media hectárea e servirá como plató para a rodaxe de Galaicus, unha produción cinematográfica producida por Farruco Castromán e Luis Tosar e ambientada no tempo da confrontación entre os galaicos e os romanos. A reconstrución suporá un custe de 210.000 euros en dúas anualidades, sufragados na súa integridade por Turismo da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, La Región, Xunta de Galicia, Celanova...