O audiovisual busca no Culturgal encontrarse con público e co sector

Luis Tosar e Farruco Castromán explicarán os pormenores de Operación E

Fotograma de Operación E
Fotograma de Operación E
Un lugar para que o público coñeza as últimas producions audivosuais (A Esmorga, Operación E, Dúas Letras…) pero tamén para que o sector poida debater o papel dos dereitos de difusión ou experiencias didácticas. O sector audiovisual ten claro que esas son as dúas liñas de traballo e son as que exhibirá no Culturgal, na feira das industrias culturais que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra.

Son varios os espazos físicos e conceptuais que o Culturgal ten reservado para o sector audiovisual. Dunha banda está o Garaxe, que este ano exhibirá Tolemias e Gaivotas Subterráneas, proxectos de colaboración innovadores. O primeiro como unha canle de difusión de música posibel entre R e Casa de Tolos, e o segundo a coprodución de Talía Teatro, Voz Audiovisual e RTA Gaivotas Subterráneas. Alén da presentaciónde próximos proxectos do audiovisual galego, como A esmorga a adaptación de Ignacio Vilar do libro de Blanco Amor; ou Dúas Letras,a cuarta de Eloy Varela e Fina Casalderrey. Nesta parte de acceso libre e de balde, Luis Tosar e Farruco Castromán explicarán os pormenores de Operación E, a longa na que actúan e producen que chegará en breve á carteleira.

Alén desa parte divulgativa, osprofesionais poderán participar noutras actividades previstas na programaicón. Unha delas, convcoada pola asociación de directores e realizadores de Galicia, CREA, ao redor do papel do director e dos dereitos de difusión. A outra, para dar a coñecer experiencias, proxectos e ferramentas relacionadas co audiovisual nas aulas. Nesta mesma liña responsables de Imaxin, Galinus, Tagen Ata e Algueirada impartirán obradoiros para explicar como funcionan diferentes ferramentas TIC e multimedia.