O depósito de Castromao será declarado BIC

É un dos referentes da cultura castrexa no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É un dos principais referentes da cultura castrexa no noso país. En Castromao (Celanova) consérvase un depósito que, segundo publica hoxe La Región será declarado Ben de Interés Cultural, a figura máis alta de protección que contempla a Lei de Patrimonio. Segundo publica ese xornal, a consellaría iniciou o proceso de documentación previa á incoación do expediente. En todo caso, hai catro anos, a Xunta xa destinara unha contía económica para desenvolver os estudos previos aos inicios dos expedientes administrativos.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Patrimonio, La Región, Celanova, Ben de Interese Cultural