Nace o Obradoiro do Espectador para achegar o teatro ao público

Os cursos pretenden dar as claves para que os asistentes entendan os espectáculos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha das queixas máis habituais dos espectáculos contemporáneos é que non se entenden. Para rachar con esta idea, a Sala Nasa e o Concello de Santiago acaban de poñer en marcha o Obradoiro do Espectador. Unha iniciativa novidosa na que prentenden darlle ao público as claves para poder comprender os códigos narrativos e formais das artes escénicas contemporáneas mediante tres obradoiros. Uns cursos que seguen sempre a mesma dinámica: asistir a un ensaio, á representación, e logo a un coloquio-encontro cos creadores. A proposta ten un prezo de 8 euros por obradoiro e un bono para os tres espectáculos (24 euros). As inscricións poden facerse a partir do 6 de abril do Centro Sociocultural do Ensanche.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Teatro, Artes Escénicas, Ensaio...