Un obradoiro de produción escénica inaugura os cursos de formación da sede da SGAE en Santiago

Obradoiros, videodanza e cursos de técnica e repertorio conforman a oferta formativa do Centro Coreográfico Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hoxe comeza a oferta formativa para os creadores do noroeste. Faino co Obradoiro de produción escénica co que se inician as programacións que organizan o Centro Coreográfico Galego e ARTeria Noroeste (a sede que a Sociedade Xeral de Autores ten en Santiago). A sede da SGAE, ademais de acoller os oito cursos do CCG para profesionais da danza e artes do movemento, conta tamén coa súa propia oferta formativa que inclúe cursos de tecnoloxía aplicada á creación como seminarios de Avid, informática musical ou creación audiovisual.

O listado de cursos ofertados é

Oferta formativa do Centro Coreográfico Galego:
Taller de produción: Montserrat Prat. Setembro de 2008
Taller de danza contemporánea. Gustavo Ramírez. Setembro de 2008
‘Flying low’, taller de danza contemporánea. David Zambrano. Outubro de 2008
O Corpo Dinámico. Peter Michael Dietz. Decembro de 2008
Workshop de danza. Adnré Braga. Xaneiro de 2009
Danza Graham: técnica e repertorio. Esther Eirás. Febreiro de 2009
Os lugares do corpo: Claudia Faci. Marzo de 2009

Cursos ARTENET. Tecnoloxía aplicada á creación
-Pro Tools. 16 ao 25 de setembro
-Avid. 29 de setembro ao 9 de outubro
-Cubase. 13 ao 23 de outubro
-Creación audiovisual. 27 de outubro ao 7 de novembro
-Informática musical. 10 ao 15 de novembro
-After effects. 24 de novembro ao 4 de decembro

Máis información sobre estes cursos no correo electrónico gnieves@sgae.es ou no teléfono 981 56 91 83.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Danza, SGAE, Centro Coreográfico Galego...