O programa Platea achega a Santiago 25 espectáculos doutras comunidades

O concello inviste 20.000 euros nesta aposta cofinanciada co Ministerio de Educación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Di o dicionario que a platea é o patio ou parte baixa dos teatros. Pero para o INAEM, Instituto Nacional das Artes Escénicas e Musicais, organismo dependente do Ministerio de Educación e Cultura, é o nome dun programa especial de distribución de espectáculos entre das diferentes Comunidades Autónomas. Neste programa, que se puxo en marcha en 2013 cun orzamento de 6 millóns de euros, participa o concello de Santiago. Por tres dos espazos escénicos (Teatro Principal, Auditorio e o auditorio de Novagalicia Banco) pasarán ao longo deste 2014 un total de 17 espectáculos que poñerán en escena tanto obras de autores contemporáneos como Juan Mayorga, Juan José Milás ou Almudena Grandes, xunto con outros clásicos como William Shakespeare, Mark Twain ou Lope de Vega. A participación deste programa supón unha achega de 20.000 euros por parte do concello de Santiago.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ministerio de Educación, Teatro, Concello de Santiago...