A hora de Datas

A fundación Seoane homenaxea a Alberto Datas exhibindo as súas últimas obras

1/4/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
4 lecturas | Compartido 0 veces

É un autor crucial da plástica galega. A obra de Alberto Datas regresa á súa Coruña natal case dous anos despois da súa morte. Unha exposición que recolle as últimas 27 obras creadas polo artista, algunhas non foron nunca exhibidas, e nos que se pode apreciar a influencia de grandes valores da arte como Willem de Kooning, Jackson Pollock ou Arshile Gorky. Ademais da obra, a exposición conta cun apartado no que se recollen fotografías, bibliografía e documentos académicos para achegar a visión máis fiel posible do artista. Nesta fotogalería, que nos achega a Fundación Seoane, ofrecémosche unha escolma de 23 das obras que se poden ver na sede da entidade ata o 28 de xuño.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos