Publícase o primeiro estudo dos fondos musicais do Seminario de Santiago

O autor estudou todas as partituras conservadas na biblioteca do Seminario desde 1829

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Aparece esta semana nas librarías a obra La música en el Seminario de Santiago da que é autor o músico Francisco Xavier Fernández Places. Este volume, co-editado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, presenta os fondos musicais da antiga biblioteca do Seminario Diocesano de Santiago. Un completo inventario de todas as partituras conservadas (que abarca desde mediados do século XIX ata os anos sesenta do XX) que se complementa cun capítulo onde o autor detense nas distintas etapas vividas polo Seminario compostelán desde a súa creación, en outubro de 1829, e un apartado dedicado a profesorado, lexislación, veladas musicais e organización dos actos. Nomes como Xoán Montes, Pascual Veiga, Xosé Castro Chané, Xosé Pacheco ou Xosé e Ricardo Courtier aparecen á beira doutras figuras con apelidos tan ilustres como os Tomás L. de Vitoria, Francisco Guerreiro, Almandoz, De Benito, Sagastizábal, Perosi, Eslava, Ravanelo ou Urteaga. A obra inclúe a reprodución dalgunhas das partituras máis significativas, dende algunhas das máis antigas das conservadas, como é o caso da manuscrita Misa en Fa de Cándido Aguayo, de 1856

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Castro, Pacheco, Pascual Veiga, Alvarellos Editora...