Cantos que veñen de lonxe recupera a Neira Vilas cantado

Cesáreo Torres e Alejo Amoedo recrean poemas musicados do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cantos que veñen de lonxe recupera a Neira Vilas cantado

En 1960 o Gran Teatro Solís de Montevideo acollía a presentación dunha serie de poemas de Xosé Neira Vilas musicados. Case sesenta anos despois, un proxecto recupera as partituras orixinais daquela actuación e reúneas nun disco. Cantos que veñen de lonxe, editado por eMe Audiovisuais, é un libro-CD no que estas partituras se acompañan de ilustracións de Xosé Vizoso. O tenor Cesáreo Torres e mais o pianista Alejo Amoedo son os responsables de lle por voz e música aos textos do autor de Gres.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alejo Amoedo, Xosé Neira Vilas, Xosé Vizoso, Teatro

Claves

Conceptos