O pianista Alejo Amoedo (Redondela, 1966), catedrático de Música e Artes Escénicas no Conservatorio de Vigo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes ven de publicar no selo musical Dos Acordes o disco 'A mansión dos anxos'. Este singular traballo publicado en formato de vinilo de 12 pulgadas vai máis alá do concepto de disco e desde a súa intención investigadora e descubridora ata a inclusión da información que achegan os textos do musicólogo Daniel Sanmartín, supón unha obra de corte case ensaístico restrinxida a un tema moi concreto que xa reflicte xunto ao título: ' Música de Salón de compositores pontevedreses do XIX e XX'. A obra xurde como froito dun traballo de investigación levado a cabo os pasados anos por Amoedo, para afondar no coñecemento dun xénero vencellado a unha época e contribuír á divulgación dun repertorio e uns autores pouco coñecidos, cando non directamente descoñecidos. En total son once pezas de nove sinaturas as que Alejo interpreta neste álbum.
O xénero ou concepto de "música de salón" úsase para referirse a unha serie de obras que durante un período concreto englobado por características sociais, económicas e culturais tiveron como o obxectivo entreter á alta burguesía en espazos privados ou semi-públicos. En definición do propio Amoedo é "un tipo de música que se deu nos salóns decimonónicos privados (casas), semiprivados ou públicos (sociedades de recreo), de aí o nome", explica, pero máis alá das súas características circunstanciais e en relación causal con elas o músico sinala que ese termo úsase tamén para definir "un tipo de música que fuxe da complexidade, concibida primordialmente para entreter e con certo contido de dilentantismo", axeitadas para ser interpretadas por músicos afeccionados con certas limitacións executorias, cuestións todas estas que conforman a nivel musical características comúns deste conxunto de creacións como "corpus".
Un xénero con características propias
Como lembra o texto do musicólogo Daniel Sanmartín Nieto, a música de salón atopa "terreo fértil en Galicia a partir do último terzo do século XIX, en parte grazas á perda de poder económico da Igrexa, que despraza os músicos profesionais a novos ámbitos, en parte grazas á creación de todo tipo de sociedades recreativas nas que a música terá un rol central, como vehículo de socialización". O contexto dos salóns como punto de encontro para conversar, tomar algo e escoitar música, impón ao repertorio "os requisitos de estar escrito para poucos instrumentos (case omnipresente será o piano) e presentar unha dificultade técnica reducida, que permita ao afeccionado executalo con garantías". Con todo, Alejo Amoedo explica que o xénero de música de salón "ocupou un lugar privilexiado no Rexurdimento Musical galego producido desde a segunda metade do século XIX, no que os autores, partindo dos modelos europeos tanto académicos como populares, definiron unha música con características propias". Así a inclusión no repertorio de pezas inspiradas nas músicas populares propias do país non era en absoluto infrecuente segundo Amoedo, que neste disco introduce a representación deses modelos por medio da 'Fantasía sobre La traviata', marcha fúnebre, ou bailables como os valses, mazurcas, "pasando polas mais identitarias como a muiñeira" e sinala ás pezas "Miña terra" ou o "Preludio de la Virgen de la Roca" como dous exemplos.
Nove nomes autorais conforman o traballo, restrinxidos ao xénero e tamén neste caso a unha orixe xeográfica provincial. Pontevedra, a mesma provincia de orixe de Alejo Amoedo. Estes nomes a as súas pezas xorden dun proceso de busca e selección das partituras a partires da propia afección ao coleccionismo e a investigación sobre compositores/as galegos/as do pianista e catedrático. Esta procura levouno a investigar tanto en arquivos familiares ata públicos como a Biblioteca Nacional de España, Fondo Local de Rianxo, Museo de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, entre outros. Foi ante o "número significativo de obras de compositores galegos" que atopou, que o estudoso decidiu facer a selección destes autores restrinxida á súa provincia. Amoedo explica non terse sorprendido ao atopar tanta música "xa que levo estudiándoa moitos anos" pero si recoñece que a sorpresa chegou ante "a calidade dalgunha das obras, xa que moitos destes autores non eran profesionais da música".
Moitas pianistas pero non partituras
Os nomes que asinan estas partituras, algunhas das cales non estaban nin editadas e foron recuperadas directamente manuscritas, van desde artistas ben coñecidos como Marcial Valladares Núñez (A Estrada, 1821-1903) ata outros completamente descoñecidos como o diplomático Joaquín Cersi Rivera (Vigo 1862-1918) do que se presentan dúas pezas. Como "sorpresa" para Alejo Amoedo aparece un só nome de muller como autora, o de María Luísa Sanjurjo de Oza ( (Vigo, 1893 - 1949), o carácter sorprendente non ven da súa aparición senón da súa soidade nos rexistros. Como explica o músico, a súa pesquisa neste sentido non reflectía a realidade documentada da presenza de mulleres pianistas nese contexto histórico e social, "a pesar da cantidade de mulleres pianistas do XIX e principios do XX, son moi poucas as composicións que atopei", sinala Amoedo. Completan a lista os nomes de Ángel Rondulfo González ( Baiona, 1880 - 1956); Felipe Paz Carbajal (Pontevedra, 1850-1918); Isidro Puga Otero (Pontevdra, 1869-1935); Manuel Martí Pérez ( Vigo, 1819-1873); Manrique Villanueva Domínguez (A Coruña 1885- Vigo, 1970) e Teodosio Vesteiro Torres ( Vigo, 1847-1876).
Os completos textos de Daniel Sanmartín que acompañan ao vinilo supoñen un apoio de coñecemento valiosísimo que dan á publicación 'A mansión dos anxos' un carácter enciclopédico. Presentados en galego, castelán e inglés na publicación, estes textos serven como introdución explicativa ao xénero e entran a engadir información biográfica sobre cada un dos nove autores ademais de entrar na análise de cadansúa peza presente no disco. Sanmartín acompañará a Amoedo o vindeiro 10 de outubro no Museo de Pontevedra nun acto que será a presentación oficial do disco. Neste evento tamén estará presente o editor, Javier Jurado, co que levarán acabo unha charla sobre o proxecto de 'A mansión dos Anxos' e ademais haberá unha interpretación e director, por parte de Amoedo, dunha selección de pezas do disco, mentres que outras se reproducirán nun tocadiscos antigo. A publicación en vinilo inclúe ademais códigos QR que permiten a descarga dixital do álbum completo ou por pezas.