Isabel Rei Sanmartín debuta con A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira

A guitarrista recupera pezas dos últimos douscentos anos conservadas na illa atlántica

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Isabel Rei Sanmartín debuta con A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira

Unha selección de composicións para guitarra conservadas en cadernos manuscritos desde hai uns 200 anos na Illa de Madeira. Este é o contido do primeiro CD da guitarrista galega Isabel Rei Sanmartim, A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira. Un total de 40 cortes que inclúen valses, rondós, arias e, como extra, un vals de Cândido Drumond de Vasconcelos. O governo da illa portuguesa convidou a intérprete galega a gravar as pezas nos estudios DSEAM e agora corre coa publicación da obra, coa que quere dar a coñecer internacionalmente o patrimonio musical madeirense.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cortes

Claves

Conceptos