Presentan un documental sobre tres pezas de madeira da Idade do Ferro

Será hoxe xoves ás 18.30 horas no Museo do Pobo Galego

12/12/2019 | Santiago. Redacción | Seccións:
16 lecturas | Compartido 0 veces
Hoxe xoves 12 de decembro preséntase no Museo do Pobo Galego, en Santiago, o documental O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns. O documental presenta tres pezas de madeira carbonizadas que foron localizadas no castro de Castromaior (Portomarín, Lugo) e estudadas pola arqueóloga María Martín Seijo, da Universidade de Santiago de Compostela. O documental presenta as pezas arqueolóxicas pero dá voz a artesáns contemporáneos que reflexionan sobre elas e os procesos de traballo que conlevan. Non é nada frecuente que se conserven restos orgánicos da Idade do Ferro, así que estas pezas supoñen unha achega a unha realidade moi pouco coñecida do tempo dos castros. A presentación do documental, realizado e guionado por Illa Bufarda, será ás 18.30.

Universo culturagalega.gal