Un web cataloga hórreos de toda Galicia

A iniciativa privada xorde de dous afeccionados a estas construcións

Imaxes, descricións e localizacións de hórreos distribuídos por todo o país están dispoñibles desde a pasada semana no web horreosdegalicia.com. A proposta, que xorde de dous afeccionados a estas construcións, Beatriz de la Torre e Fernando Rodríguez, recolle un traballo que comezou hai quince anos e que se desenvolveu de xeito sistemático no último lustro. Os autores aseguran ter xa preto de 2.000 hórreos catalogados en todo o país. Ademais de fichas, o web explica as diferentes partes destes depósitos e as súas variedades.