Tres meses aprendendo a crear banda deseñada, a razón dunha sesión cada sábado pola mañá (entre as 11 e as 13 horas). Esta é a proposta que fai o ConcellarÃa de Cultura de Poio a todas as persoas interesadas de entre 11 e 17 anos. O debuxante Herman Riv será o encargado de impartir as clases, que comezarán cando se consiga un grupo mÃnimo de dez persoas. Segundo adiantou a concelleira, Silvia DÃaz, a previsión é que se poida comezar en abril con esta iniciativa, que se desenvolverá na Escola do Campo de Combarro. Os interesados en participar poden inscribirse no correo concellerÃadecultura@concellodepoio.es ou chamando ao 986770001 e contactando coa edil. En caso de que a proposta teña éxito, DÃaz anunciou o seu interese en continuar con inicitivas semellantes.