A poeta AntÃa Otero será a encargada de inaugurar o vindeiro dÃa 13 de outubro, o novo proxecto da Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega (AELG): a escola de escritores. Unha iniciativa que, segundo unha nota de prensa remitida pola entidade, pretende “transmitir a experiencia da paixón do acto de crear cos autores como guÃa”. Entre os seus obxectivos figura o de afondar nos motivos literarios, proporcionar estratexias para a escrita de ficción ou poñer en valor as olladas subxectivas xeradoras de materia prima, entre outras. A primeira iniciativa organizada baixo a etiqueta desta escola é o obradoiro de AntÃa Otero que se desenvolverá durante oito dÃas alternos dos vindeiros meses no Mueo de Belas Artes (Rúa Zalaeta, s/n A Coruña).