O congreso Brasil: 500 anos depois analiza a historia do país sudamericano

Brasil fai 500 anos en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Compostela acollerá a semana que ven o congreso Brasil:500 anos depois, no que se analizará a historia de Brasil desde o seu descubrimento, do que se está a conmemorar o quinto centenario. Desde unha perspectiva crítica e tocando temas tan dispares como o medio, a economía a cultura ou a política. Será entre o 6 e o 10 deste mes nas facultades de Xeografía e Mediciña.

Multiculturalidade

Galegos, portugueses e brasileiros serán os encargados de facer un repaso sobre os 500 anos da historia de Brasil. Entre as cuestións a tratar están o entroido desde o punto de vista empresarial, a organización política e sindical, a presencia dos galegos no país, o cinema, a literatura ou a situación económica brasileira. Ademais dos expertos de cada un dos países, representantes do movemento dos Sem Terra ou Meninos da Rua foron convidados a participar.

Importancia

Máis de vinte institucións, entre as que destacan a Cátedra Unesco de Estudios Luso-Brasileiros, o Instituto Camões e a Universidade de Santiago de Compostela colaboraron na organización do encontro. Segundo a profesora brasileira Yara Frateschi, docente na Universidade de Santiago, non se celebrou durante este ano un foro que contemplase tan integramente a historia e a situación de Brasil coma este.


Que che parece esta nova?
10 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Economía, Xeografía, Literatura...