Só o 8,66 por cento das teses doutorais da USC son en galego

A Universidade de Santiago achega axudas para os interesados en empregar o noso idioma

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Só o 8,66 por cento das teses doutorais da USC son en galego

A presenza do galego nas teses de doutoramento da Universidade de Santiago (USC) está nunha media do 8,66% das presentadas desde 1994. A revista virtual O cartafol, do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago achega unha análise sobre as linguas que os investigadores empregan para se doutorar. Nese sentido, advirten unha tendencia crecente ao emprego do portugués e doutras linguas diferentes aos castelán, especialmente o inglés, nestes documentos. No entanto, o emprego do galego é pouco habitual, xa que o pasado 2008, só 7 teses se presentaron na nosa lingua. A USC achega desde hai anos axudas económicas e asesoramento ás persoas interesadas en facer estes traballos en galego.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Portugués, Normalización Lingüística, Medios de comunicación...