Unha xornada explicará as ferramentas para mellorar a divulgación científica

O encontro terá lugar o 3 de marzo no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Hai uns días coñeciamos os resultados da IV Enquisa Nacional de Percepción Social da Ciencia e da Tecnoloxía, que apuntaba que só a un de cada tres españois lle interesaba este tipo de temática. Para mellorar eses indicadores, cómpre mellorar a divulgación. E nesa dirección apunta a Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+i, na xornada que ten previsto realizar no Consello da Cultura Galega para o vindeiro 3 de marzo. Un encontro que permitirá presentar as ferramentas que existen para realizar actividades de divulgación, así como pór en común unha serie de exemplos de éxito.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Tecnoloxía, Ciencia

Claves

Conceptos