A maioría dos galegos cre que Galicia é das máis atrasadas a nivel científico

Son cifras da enquisa estatal sobre Percepción Social da Ciencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A maioría dos galegos (o 60%) considera que a ciencia e a tecnoloxía reporta máis beneficios que prexuízos á sociedade. E tamén son máis (o 62%) os que pensan que Galicia está máis atrasada co resto nesta materia. O Observatorio da Cultura Galega quere achegar cunha explotación específica dos datos relativos ao noso país no ámbito científico o seu gran de area á celebración da Semana da Ciencia en Galicia. A fonte dos datos é unha Enquisa Nacional sobre a percepción social da Ciencia e a Tecnoloxía que fai referencia ao ano 2008.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Tecnoloxía, Observatorio da Cultura Galega