A sociedade galega está por debaixo da media no interese pola Ciencia e pola Tecnoloxía

Galicia ocupa o sétimo posto compartido por Valencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Os temas que teñen relación coa ciencia interesan pouco, pero cada vez máis. Así se constata nos resultados da IV Enquisa Nacional de Percepción Social da Ciencia e da Tecnoloxía que organiza a fundación que se encarga destas materias. Malia que melloran os indicadores sociais as cifras aínda seguen a ser baixas: Só a un de cada tres españois lle interesa este tipo de temática. Por comunidades, Galicia é a oitava en interesarse pola ciencia, posto compartido Valencia cun 7.9%, por debaixo da media que está no 9.6%. Home novo con estudos universitarios e que vive nunha cidade grande é o perfil afín a recibir información sobre ciencia e tecnoloxía.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Tecnoloxía, Valencia, Medios de comunicación