A recolleita de Aymerich

A mestura dos xéneros e formatos mestúranse na mostra que repasa a traxectoria do pintor

27/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
12 lecturas | Compartido 0 veces

A flor de pel, 2000-2002

A golpe de música a galería C5Colección inaugura esta noite ás 20:30 horas Recolleita, a exposición que revisa a traxectoria de Guillermo Aymerich (Santiago de Compostela, 1964). Joaquín Meijide será o encargado de interpretar Monolog, de Isang Yun, un coñecido músico coreano cuxas composicións falan sempre da liberdade. A mostra recupera a carreira dun pintor que se caracteriza pola fusión de xéneros e de formatos. A exposición exhibe dez series que o pintor realizou en diferentes paisaxes (entre Galicia, a Bretaña francesa, o Cabo de Gata e China) tomando como referencia elementos orgánicos, vexetais e verdes.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos