A Fundación Granell presenta unha exposición do pintor malagueño

Os corpos de Picasso

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

"O canto dos corpos" é o título da exposición de obras gráficas de Picasso que inaugura hoxe a Fundación Granell. Trinta ilustracións do coñecido pintor realizadas para libros poderán verse ata o día 22 de xullo. Onda esta mostra continúa a dedicada a Jacqueline Lamba, pintora e esposa de André Bretron, literato surrealista francés.

Temática e épocas


As trinta obras expostas foron realizadas entre 1947 e 1960 presentan diferentes estilos e unha temática que vai desde a mitoloxía e o erotismo ata a tauromaquia. Na maioría das obras atópanse algunhas das figuras recorrentes do pintor como poden ser faunos, arlequíns, minotauros ou cabalos. As ilustracións que se presentan foron realizadas por encarga de amigos e escritores para ilustrar diferentes obras, o que as convirte en importantes referentes biográficos do artista.





Colaboración

A chegada esta exposición a Galicia foi posible gracias a un acordo entre a Fundación Granell e o Museo Casa Natal de Picasso. Os fondos expostos proveñen da cesión que a nora do artista, Christine Picasso, fixera en 1992 á Fundación que leva o nome do pintor e que estaba composta por dez dos libros ilustrados polo artista. A inauguración da mostra realizarase esta tarde ás oito e media da tarde no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, en Compostela.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Picasso, Escritores, Medios de comunicación, Pazo de Bendaña...