Un obradoiro reflexiona sobre a relación entre texto e imaxe

A iniciativa fai parte do Proxecto-Edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A cidade é unha gran base de datos de fenómenos tipográficos e de signos. Sobre eles traballarán un grupo de vinte persoas no marco do obradoiro “O ollo na rúa”, un proxecto experimental sobre tipografía e comunicación coproducido polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a Asociación Galega de Deseñadores (DAG) no marco do Proxecto-Edición. Do 25 ao sábado 28 os participantes fotografarán fenómenos tipográficos e sígnicos de Santiago, a partir dos que crearán pezas gráficas ou visuais. Con ese obxectivo pretende crear un novo repertorio de signos, unha “tribo tipográfica”, a modo de intervención na cidade.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Asociación Galega de Deseñadores, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)