Abre en Santiago a nova Galería Nordés de arte contemporánea

O espazo acolle inauguralmente a exposición 'Signos' De Pablo Barreiro

| QUE | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Exposición 'Signos' na Galería Nordés Foto: Galería Nordés

Exposición 'Signos' na Galería Nordés Foto: Galería Nordés

Un novo espazo privado para a arte contemporánea ven de abrir as súas portas en Compostela. A Galería Nordés inaugurou este nadal a súa actividade na Rúa Algalia de Abaixo, no local no que antes estaba a galería Citania. Chus Villar, comisaria de arte e recente directora da Galería Trinta, á que estivo vencellada durante catorce anos, é a responsable que comanda este proxecto. A Galería Nordés inaugurouse coa exposición Signos do artista Pablo Barreiro, creador dun persoal traballo escultórico realizado en cerámica. Signos, que estará en Nordés ta o 2 de febreiro está conformada por obras pertencentes a dúas das series que Barreiro ven desenvolvendo nos últimos anos: a serie Emphilamentos (do portugués emphilar: apilar) na que usando porcelana vidrada explora a relación con certas formas-signos cotiáns do pasado dese contexto, a partir do encontro fortuíto de varios moldes antigos; e a serie Columnas na que realza tamén esa re significación de elementos funcionais invertendo a súa función tradicional de sustentar por la de ser suspendidas. A nova galería está regularmente aberta ao público de luns a venres en horario de tarde.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Nordés, Nadal, Portugués...