Chus Villar é a nova directora da Galería Trinta

Asunta Rodríguez delegou a dirección artística

29/8/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Galería Trinta é un dos espazos emblemáticos de Compostela na promoción da arte contemporánea. A súa propietaria, Asunta Rodríguez, delegou a dirección artística da sala en Chus Villar. Villar non é unha descoñecida para Trinta: leva traballando na galería trece anos. A nova directora estrearase no cargo cunha exposición de Andrés Rábago, que abrirá o 11 de setembro.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

06/04/2011

Vouyerismo necesario

Espacio Atlántico abre as súas portas exhibindo a creación artística contemporánea

12/02/2009

Comezar de novo

A Galería Trinta chega a ARTMadrid despois de 23 anos ininterrompidos en ARCO

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Galería Trinta, Asunta Rodríguez

Claves

Entidades
Conceptos