Sector escénico aprobará mañá o primeiro convenio colectivo da súa historia

O documento estipula as categorías profesionais e as súas retribucións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É o texto que regulará por primeira vez as condicións laborais dos actores. Foi consensuado polos representantes dos sindicatos CC.OO., CIG, UXT, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), da asociación Escena Galega, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), é dicir, todos os implicados nesta área e aprobarase mañá. O documento (que ten preámbulo e 27 artigos) define catro categorías profesionais (protagonista, principal, secundario e reparto) e estipula desde a prestación laboral por ensaios e substitucións, ata a xornada laboral pasando polo réxime de traballo e a contratación de menores en espectáculos públicos. Ademais, fixa as retribucións económicas para este 2009.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CIG, AAAG, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Escena Galega...