A Coruña na arte

O Museo de Belas Artes amosa a presenza da cidade na creación dos últimos séculos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Coruña na arte

Ollar a Coruña a través da representacións artísticas que retrataron a cidade ao longo dos séculos. Esta é a proposta que nos fai ata o vindeiro tres de maio o Museo de Belas Artes situado na Cidade Herculina con A Coruña. A cidade na arte. Esta exposición reúne máis dun cento de obras entre pinturas, ilustracións, cerámica ou material audiovisual, que amosan panorámicas, recantos concretos da cidade ou mesmo proxectos que non se chegaron a desenvolver desde o século XVII ata a actualidade.

Vista da Coruña Sen Marco
1/9
Torre de Hércules
2/9
A Coruña, o mellor clima de España
3/9
Torre de Hercules
4/9
A Coruña
5/9
Proxecto do Arquivo e o Museo de Belas Artes
6/9
Episodio da guerra de España
7/9
Naufraxios
8/9
Choiva en Maria Pita
9/9

A cidade na arte, recolle obras de Pablo Picasso, Seijo Rubio, Manuel Abelenda Zapata, Francisco Lloréns, Fernando Álvarez de Sotomayor, Martínez Abades, Manuel Castro Gil, Julio Prieto Nespereira, Álvaro Cebreiro, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Eugenio Granell, Alejandro González Pascual, Mª Antonia Dans, José María Labra, Lago Rivera, Alfonso Abelenda, Antonio Tenreiro, Roberto González Fernández, Vari Caramés, Xavier Correa Corredoira, Jano Muñoz, Mary Luz Antequera ou Xurxo Lobato entre outros creadores.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito