Abre O primeiro Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña

A inauguración oficial celébrase ás sete desta tarde

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Abre O primeiro Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña

Coa visita dos Reis de España o Museo de Belas Artes inaugura ás sete desta tarde a exposición O primeiro Picasso. A grande aposta da axenda cultural da Coruña para este ano achega unha selección de 200 obras, das cales oitenta e unha son do pintor nado en Málaga. Entre estas, recóllense debuxos, bosquexos e traballos posteriores a súa estadía na cidade, entre 1891 e 1895. Canda a elas, poden verse pinturas de autores coetáneos e obxectos que representan a cidade naquela época.

Retratos como o coñecido La muchacha de los pies descalzos, paisaxes da cidade, exemplos de debuxo académico, animais ou escenas costumistas fan parte deste proxecto. A mostra poderá verse desde mañá ata o vindeiro 24 de maio, e estará complementada por outras exposicións e actividades por toda a cidade.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Picasso, Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Debuxo...

Claves

Protagonistas
Lugares