Castelao fixo banda deseñada

A mostra sobre a historia da BD da Cidade da Cultura achega obras do rianxeiro ou de Blanco Amor

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Banda deseñada asinada por Castelao

Banda deseñada asinada por Castelao

A exposición Orixes do cómic en Galicia que se inaugura esta tarde no Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, en Compostela, achega, entre outros tesouros, bandas deseñadas debuxadas por Castelao, Maside ou Camilo Díaz Baliño. Canda a eles, no material recuperado poden verse traballos guionizados por autores como Eduardo Blanco Amor ou Ramón Cabanillas. A mostra estará aberta ata o vindeiro 10 de xuño, e recupera traballos de 50 autores do país entre 1880 e 1960. Entre eles pode verse a primeira tira cómica en galego, de 1888, ou o primeiro personaxe protagonista dun cadriño nun xornal, Don Fermín, creado por Enrique Pardo, e que aparecería por primeira vez en 1933 en Faro de Vigo.

Outra páxina de BD de Castelao
Outra páxina de BD de Castelao

A exposición está comisariada por Rosario Crespo e é o resultado dun longo traballo de investigación en arquivos, bibliotecas e coleccións privadas. No marco desta proposta, a Cidade da Cultura convoca un certame de creación de banda deseñada. Os interesados en participar teñen ata o vindeiro 14 de maio para enviar unha historia de dez páxinas como máximo ambientada no complexo do Gaiás. O certame conta con tres categorías, infantil, xuvenil e adultos, e cada un dos gañadores levará unha tableta gráfica.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito