A Cidade da Cultura inaugura a mostra As orixes do cómic en Galicia

Recolle o traballo de 50 autores entre 1880 e 1960

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe da exposición Orixes do cómic en Galicia

Imaxe da exposición Orixes do cómic en Galicia

As orixes do cómic en Galicia é o título da exposición que abre este venres, ás sete e media da tarde, no Arquivo da Cidade da Cultura. A mostra, que promete mudar a historia da banda deseñeada galega, amosa o traballo de cincuenta creadores que viron publicada a súa obra no noso país entre 1880 e 1960, amosando traballos inéditos ata o de agora e levando luz a un período ata o de agora descoñecido para os investigadores deste ámbito.

A exposicíon, comisariada por Rosario Crespo, culmina un longo proceso de documentación e busca en arquivos de todo o país e recupera material publicado en revistas e xornais dificilmente accesible ata o momento.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Medios de comunicación, Cidade da Cultura de Galicia