Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira Pico protagonizan Areoplanos, unha comedia sobre as relacións humanas. A obra é finalista ao mellor espectáculo Revelación dos premios Max por comunidades. A obra únese á lista de finalistas que integraban, ata agora, os candidatos a Mellor Autor Teatral en Galego: Cándido Pazó (por E ti, quen vés sendo?), Eduardo Alonso (por Extrarradios) y José Luís Prieto (por O ridículo desamor dun home máis ou menos normal). A gala terá lugar o día 30 de marzo no Teatro Cuyás de As Palmas de Gran Canaria.